O Coro

Os Sitiais


  • Francisco Prado-Vilar – Investigador principal

Investigador Distinguido da USC e do CISPAC. Licenciado en Historia da Arte pola USC co Premio Fin de Carreira, tras o cal obtivo os títulos de Máster (MA.) e Doutorado (PhD.) pola Universidade de Harvard, para despois exercer postos investigadores e docentes nas universidades de Princeton, Londres, Complutense e Stanford. Antes de incorporarse á USC foi Director de Proxectos do Real Colexio Complutense de Harvard. Os eixos da súa actividade científica son a historia da arte e o patrimonio, destacando o seu labor como Coordinador do comité científico da restauración do Pórtico da Gloria (2008-18), e Investigador Principal do Programa A. W. Mellon para o Pórtico da Gloria, no marco do cal liderou un equipo internacional de historiadores, científicos en conservación,
arquitectos e musicólogos. En recoñecemento ao seu labor neste ámbito, foi nomeado membro do Comité do Selo de Patrimonio Europeo da UE (European Heritage Label).

  • Anxo Miján Maroño – Coordinador técnico

Técnico especialista en virtualización do patrimonio, membro fundador do CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia). É responsable de Trasancos 3D e traballou en proxectos de dixitalización patrimonial en diversos ámbitos e diferentes entidades:
para National Geographic como virtualizador e coordinador de equipo do proxecto “Arqueoloxía”, para a empresa norteamericana Concept 3D, editoriais como RBA, Dous de Arte ou Blackie Books, medios de comunicación como a RTVG ou para proxectos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia como “Galiverso”.

  • Carlos Paz de Lorenzo – Técnico especialista de virtualización e planimetría

Técnico en deseño Industrial e Paisaxismo, artista dixital especializado na restitución virtual de espazos históricos. Impulsor do CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia), autor e colaborador de múltiples proxectos de virtualización patrimonial. Na derradeira década especialicouse na restitución 3D de edificacións, espazos e conxuntos arquitectónicos de carácter histórico, con multitude de traballos e colaboracións para teses doutorais, exposicións, traballos editoriais, prensa, revistas especializadas, museos arqueoloxicos, universidades e organismos públicos, traballando dende entón como freelance deseñando e restituíndo espazos históricos virtuais.

  • Alexandre González Rivas – Técnico especialista en virtualización e restauración virtual

Graduado en Historia e Xeografía pola Universidade de Vigo cunha especialización en Restauración e Reconstrución Virtual do Patrimonio na Universidade de Alacante. Traballou en diversas empresas tecnolóxicas, desenvolvendo aplicacións de vangarda
en Realidade Virtual e Aumentada, motores de xogos, escaneo 3D, modelado e esculpido dixital, así como en Sistemas de Información Xeográfica. Estas aplicacións foron utilizadas en museos, exposicións, concellos, universidades e empresas. Ademais,
contribuíu ao avance do coñecemento no seu campo mediante proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) e actividades docentes na UNED, onde se enfocou na implementación de novas tecnoloxías para o estudo e a conservación do
Patrimonio.

  • Daniel Pérez Murado – Técnico especialista de catalogación, bases de datos e xestión web

Graduado en Historia da Arte pola USC, co Premio Fin de Grao e Premio á Excelencia Académica Universitaria, Máster en Métodos e Técnicas de Investigación Histórica, Artística e Xeográfica pola UNED, doutorando en Estudos Medievais pola USC e membro do ICOM. En canto á experiencia laboral, traballou como técnico de patrimonio histórico-artístico na Diocese de Lugo, subdirector artístico da Galería de Arte Contemporánea José Lorenzo e xefe de sección na Rede Museística do Concello de Lugo. A súa liña principal de investigación actual versa sobre a iconografía dos baldaquinos baixomedievais en Galicia, tema da súa tese doutoral; ademais de traballar en diversas ocasións sobre o monumento de Santa Eulalia de Bóveda ou a escultura galega contemporánea.

  • Victoria Iglesias de la Fuente – Colaboración en prácticas desde o Máster Interuniversitario de Patrimonio Cultural Dixital